Saltar ao contido

Miranda de Ebro

Miranda de Ebro
 Nome oficial
   Image Miranda de Ebro (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Image mirandés (es)
Image mirandesa (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Epónimo
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Continente
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
35.470 (2001) rexistro civil
36.240 (2002) rexistro civil
36.907 (2003) rexistro civil
37.020 (2004) rexistro civil
37.664 (2005) rexistro civil
38.276 (2006) rexistro civil
38.417 (2007) rexistro civil
39.589 (2008) rexistro civil
39.264 (2009) rexistro civil
39.038 (2010) rexistro civil
38.930 (2011) rexistro civil
38.400 (2012) rexistro civil
37.648 (2013) rexistro civil
36.724 (2014) rexistro civil
36.173 (2015) rexistro civil
35.922 (2016) rexistro civil
35.608 (2017) rexistro civil
35.477 (2018) rexistro civil
35.522 (2019) rexistro civil
35.760 (2020) rexistro civil
35.528 (2021) rexistro civil
35.239 (2022) rexistro civil
35.639 (2023) rexistro civil
36.025 (2024) rexistro civil
36.622 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   18.053 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   17.469 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   101,33 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   471 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal09200 Editar o valor en Wikidata
Código INE09219 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344449 Editar o valor en Wikidata
VIAF246668282 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ctbsp Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX451445
Wikidata G:Commons C:Commons

Miranda de Ebro é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). É a capital da comarca do Ebro. Sitúase no nordeste da provincia, moi próxima ás lindes con Álava e A Rioxa. Ten unha extensión de 101,39 km² e unha poboación de 37.648 habitantes (INE 2013).

É a segunda localidade máis poboada da provincia tras a capital. Goza de notábel carácter industrial, sendo un importante nó de comunicacións, especialmente ferroviario. Nun raio de tan só 80 km de Miranda atopamos as cidades de Bilbao, Burgos, Logroño e Vitoria.

Image
Miranda e o río Ebro

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Miranda de Ebro está situada na submeseta castelá norte, a 471 m de altitude sobre o nivel do mar, e nas coordenadas seguintes: 42º 41' 6" N, e 2º 55' 60" W. A chaira onde se asenta a cidade está cercada por unha serie de alturas que pertencen aos Montes Obarenes, con saída no Oeste a través do Paso de Pancorbo; o paso de Conchas de Haro ao Sueste en dirección á Rioxa; e o desfiladeiro de La Puebla de Arganzón no Nordeste en dirección ao País Vasco.

Economía

[editar | editar a fonte]

Miranda destaca polo seu sector secundario. A revolución industrial comezou a súa expansión coa chegada do ferrocarril en 1862. Durante a primeira metade do século XX asentáronse na cidade unha industria azucreira (1925) e anos máis tarde FEFASA (1948), dedicada a produción de fibra artificial, e posteriormente a papeleira ENCE. A mediados do século proliferaron as industrias químicas como Montefibre, ELF-Atochen, Rests etc.

En 1981 creouse o parque industrial. Na zona de influencia mirandesa instaláronse compañías agro-alimentarias, aeronáuticas, metalúrxicas etc. Tamén industrias da enerxía como a central nuclear de Santa María de Garoña, pechada en 2012.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Edificacións civís

[editar | editar a fonte]
Image
Ponte Carlos III sobre o río Ebro
  • Ponte Carlos III: construída en 1777 baixo a dirección de Francisco Alejo de Aranguren. Dous leóns gardan a ponte desde 1786, obra do escultor alavés Juan Antonio de Moraza; un suxeita o escudo real e outro o da cidade.
  • Pazo do Concello: o edificio actual érguese na Praza de España desde 1778. É obra neoclásica de Francisco Alejo de Aranguren, so revisión de Ventura Rodríguez.
  • Casas nobres: Varios pazos urbanos salientan na zona antiga de Miranda. Destacan a Casa de las Cadenas, construída no século XVI. Nela hospedáronse Napoleón e Fernando VII, que en 1828 mandou colocar unhas cadeas como lembranza da súa estadía. Outro edificio destacado é a Casa dos Urbina, tamén do século XVI, cos seus cubos defensivos. Albergou a Filipe IV, de paso para Francia, e Margarida de Savoia, vicerraíña de Portugal, que faleceu en 1655 neste edificio.
  • Estación de Ferrocarril: construída no 1862 polo arquitecto inglés Charles Vignoles, sendo unha das estacións máis antigas do Norte de España. Nela conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao.
  • Teatro Apolo: singular edificio construído en 1920 polo arquitecto rioxano Fermín Álamo. Destaca a decoración historicista como mostran bustos erixidos nas xanelas e a ornamentación vexetal.
  • Ruínas do castelo: foi construído no século XIV polo conde Tello e tivo uso ata as guerras carlistas, aínda que hoxe tan só se conservan algunhas murallas.
  • A Picota: esculpido en 1569 polo mestre local maese Miguel de Aguirre, trátase do "pelouriño" da antiga vila, símbolo do seu poder xudiciario e que tamén se podía utilizar como picota.

Edificacións relixiosas

[editar | editar a fonte]
Image
Igrexa do Espírito Santo de Miranda
  • Igrexa do Espírito Santo: antes coñecida como de San Nicolás. É en orixe un templo de estilo románico, xa mencionado no Foral de Miranda de 1099. A portada e a ábsida son do século XIII e a súa pequena nave gótica do século XVI. Durante a guerra civil sufriu importantes danos, pasando a denominarse do Espírito Santo logo da súa restauración.
  • Igrexa de Santa María: construída no XV, con estilo entre renacentista e gótico tardío. No seu interior descansa o corpo momificado do Chantre.
  • Igrexa dos Sagrados Corazóns: sita no antigo Convento de San Francisco, o templo foi construído no século XVI. Destaca a súa espectacular espadana de estilo barroco, erguida en 1693.

O Club Deportivo Mirandés é un club de fútbol con sede na cidade de Miranda de Ebro. Foi fundado o 3 de maio de 1927 e desde 2012 compite na Segunda División. O club exerce de local no Estadio Municipal de Anduva, que conta cunha capacidade aproximada de 6.000 espectadores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]