Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
Censo total 2014
1.962 habitantes
Menores de 15 anos
186 (9,48%)
Entre 15 e 64 anos
1.146 (58,41%)
Maiores de 65 anos
630 (32,11%)
Evolución da poboación de O Campo Lameiro Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
2024
3.952
3.329
3.350
2.554
2.178
2.084
2.036
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Até 1916 recibía simplemente o nome de Campo, pero coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse Campo Lameiro para distinguilo do doutros concellos de España (o cacereño Campo, modificado nese decreto por Campo de Alcántara, e Campo de Huesca, que non foi alterado).[4]. O nome procede de xuntar os da parroquia do Campo (< lat. CAMPU) e do lugar do Lameiro (< LAMA + -ARIU) na mesma parroquia[5]. A partir de marzo de 2026 o nome do concello inclúe o artigo[6].
O concello é sobre todo coñecido polos seus petróglifos. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona ao redor do ano 3200 a.n.e.. Nas terras do concello téñense atopado gran cantidade de pedras gravadas, con motivos moi diversos. A Idade de Bronce e a do Ferro que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa.
Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult. Lugares como Chan de Batalla e Mal Paso lembran escenas da batalla librada contra os franceses en 1809.
O Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras significativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de San Miguel do Campo, a de Santa María de Moimenta ou a de Santa Mariña das Fragas, que conserva a fachada da súa fábrica románica.