Saltar ao contido

Pandeirada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pandeirada
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Localización
 País de orixe
Wikidata

Unha pandeirada, ou cantar de pandeiro,[1] é un canto de festa que se acompaña da percusión dos pandeiros. Cando se toca coas pandeiretas pode recibir tamén o nome de pandeiretada.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Os pandeiros, redondos ou cadrados, tocáronse copiosamente por toda a xeografía galega. Foron estes os principais instrumentos, até a aparición da pandeireta, cos que se cantaba e bailaba nas festas tradicionais da sociedade rural. Do nome do instrumento derivou o dos cantos de lecer que, a ritmo de muiñeira ou xota, se realizaban con el. Deste xeito xurdiu a denominación pandeirada, un termo que, nalgunhas zonas do país, chegou a facerse extensivo á propia festa, equivalente a foliada, serán, fiadeiro,etc,[3] e noutras foi empregado como sinónimo de muiñeira vella ou ribeirá.[4][5]

A finais do século XIX, os coros galegos emprenderon un traballo de posta en valor da música popular, levaron daquela a escenarios e estudios de gravación moitas pandeiradas[6], cantares[7] e cantos de pandeiro[8]. Nesta época de rexurdimento cultural, tamén algúns compositores de música culta empregaron o termo "pandeirada" para dar título as súas obras, o que contribuíu á súa popularización e ao seu paso á posteridade.[9]

  1. ↑ Camafeita, Olga (2010). "Maneo de Pandeiro". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora.
  2. ↑ Camafeita, Olga (2010). "Pandeiretada". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora.
  3. ↑ Cajaraville Pensado, Manuel (1983). Debullando folklore. La Voz de Galicia. p. 69.
  4. ↑ Concello de Boimorto. "As muiñeiras vellas ou pandeiradas". www.concellodeboimorto.es. Consultado o 2021-10-28.
  5. ↑ "pandeirada". DIGALEGO. Consultado o 2021-10-28.
  6. ↑ Coro Cantigas da Terra (1928). "Pandeirada de Nebra". Colección de lousas - Consello da Cultura galega.
  7. ↑ Coro Aires D'a Terra de Pontevedra (1911). "Cantar de Pandeiro". Colección de lousas - Consello da Cultura galega.
  8. ↑ Coro Cantigas da Terra (1928). "Canto de Pandeiro de Mahía". Colección de lousas - Consello da Cultura galega.
  9. ↑ Camafeita, Olga (2010). "Pandeirada". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]