Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Pastoriza .
Pastoriza
Nome oficial
Pastoriza (gl)
dende 2026 A Pastoriza (gl)
dende 1985 ata 2026 Pastoriza (es)
ata 1985
Instancia de
Parte de
Lista do elemento
Situado en
Capital
Contén división administrativa
OpenStreetMap
Mapas
Coordenadas
Poboación feminina
1.489
(2019)
Poboación masculina
1.513
(2019)
Superficie
175 km²
Wikidata G:Commons C:Commons
Pastoriza [ 1] [ 2] é un concello da provincia de Lugo , pertencente á comarca da Terra Chá . Segundo o IGE en 2015 tiña 3.274 habitantes (3.726 no 2006 , 3.787 no 2005 , 3.856 no 2004 , 3.911 no 2003 ) . O seu xentilicio é «pastoricense » ou «pastoricego ».[ 3]
Cantidade de poboación Ano 2600 2800 3000 3200 3400 3600 3800 4000 4200 2000 2005 2010 2015 2020 2025 Pastoriza Estatísticas de poboación Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata . Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata .
Censo total 2015
3.274 habitantes
Menores de 15 anos
257 (7.85 %)
Entre 15 e 64 anos
1.881 (57.45 %)
Maiores de 65 anos
1.136 (34.7 %)
Evolución da poboación do concello de Pastoriza:
Consérvanse numerosos poboados castrexos , pero apenas se conservan restos da presenza romana e sueva, agás un ronsel antropomorfo romano sen inscrición algunha.
O Parochiale suevorum fala da diocese de Britonia , asentada na chaira ao sur de Pastoriza e Mondoñedo. Trala invasión musulmá da Península Ibérica , a poboación e a nobreza retirouse cara ao norte, fundando a diocese de Mondoñedo e a corte de Oviedo . Nos séculos seguintes a zona estaba aforada polo cabido mindoniense e polos mosteiros de Meira e Lourenzá .
En 1821 constituíuse o concello co nome de Vián, e en 1840 adoptou o nome actual de Pastoriza.