Triangulum ou Triángulo[1] é unha pequena constelación do norte, onde as súas tres estrelas máis brillantes, de terceira e cuarta magnitude, forman un triángulo alongado. É unha das 88 constelacións modernas e tamén foi unha das 48 listadas por Tolomeo.
ε Trianguli, estrela dobre formada por unha estrela principal de magnitude 5,50 e outra secundaria de magnitude 11.
TZ Trianguli (6 Trianguli), sistema estelar cuádruplo e estrela variable, (coñecida nalgunhas fontes antigas coma ι), é unha atractiva estrela dobre cun destacable contraste de cor que pode ser vista cun telescopio de tamaño medio nun forte amarelo e cun apagado azul. Ambas compoñentes son binarias moi pechadas, formando así o sistema estelar de 4 compoñentes.[2]
A pesar de ser unha constelación menor, o grupo de estrelas que forma Triangulum xa era coñecido na antigüidade e, debido á súa semellanza coa letra grega Δ tomou ás veces o nome de Delta ou Deltotum.
Pola súa forma tamén tense asociado ó delta do río Nilo e foi tamén relacionada coa illa de Sicilia.
Unha versión explicaba que a causa do pouco brillo de Aries, o deus Hermes colocou sobre esta constelación varias estrelas ás que lle deu a forma da letra delta, coma primeira letra do xenitivo de Zeus (Διός).