Saltar ao contido

Xogos Olímpicos de 1968

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de 1968
Image Editar o valor en Wikidata
Nome oficialSpiller vun der XIX. Olympiad Editar o valor en Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Verán Editar o valor en Wikidata
Deportedeporte olímpico Editar o valor en Wikidata
Composto porFutebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1968
Hipismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1968
Basque pelota at the 1968 Summer Olympics +
../... 22 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes112
5.516 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos172 Editar o valor en Wikidata
Localización Estadio Olímpico Universitario (Campus Central da Cidade Universitária da Universidade Nacional Autónoma do México (pt) Traducir)
Cidade de México (México) Editar o valor en Wikidata
PaísMéxico Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo12 de outubro de 1968 – 27 de outubro de 1968 Editar o valor en Wikidata
Número de edición19  (1968) Editar o valor en Wikidata
Aberto oficialmente porGustavo Díaz Ordaz Editar o valor en Wikidata
Xuramento feito porPablo Garrido Lugo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Facho acendido porEnriqueta Basilio Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor en Wikidata

← 1964 Editar o valor en Wikidata
1972 Editar o valor en Wikidata →

Os Xogos Olímpicos de 1968 foron realizados en Cidade de México entre o 12 e o 27 de outubro de 1968. Por primeira vez os Xogos celebráronse en América Latina e a altitude de 2.300m por riba do nivel do mar da capital mexicana xerou controversias sobre os danos que o aire menos denso podería causar no desempeño dos atletas. Realmente, a altitude prexudicou o desempeño dos atletas nas probas de resistencia e de longa distancia, como o ciclismo, a natación e o maratón, mais en compensación axudou a provocar un torrente de marcas mundiais e olímpicas nos eventos máis curtos e de esforzo mais rápido como as carreiras de menos de 800m, halterofilia, lanzamento de xavelina e outros.

O ano de 1968 foi un ano bastante confuso e violento, coa guerra de Vietnam, a Revolución Cultural na China, a invasión soviética de Checoslovaquia acabando coa chamada Primavera de Praga, revoltas estudantís, marchas polos dereitos civís e enfrontamentos raciais por todo o planeta. México tamén deu a súa contribución ó clima que marcaba esta época, cando tropas federais do goberno reprimiron sanguinariamente a centenares de estudantes durante manifestacións na Praza das Tres Culturas, dez días antes da cerimonia de apertura dos Xogos, no que ficou coñecido a partir de outubro dese ano como o Masacre de Tlatelolco, manchando irremediablemente o espírito olímpico pregado polo COI e polo seu fundador, o Barón de Coubertin, provocando case o cancelamento do evento.[1]

Participación

[editar | editar a fonte]

Por primeira vez o número de estados participantes pasaba de cen, nunha demostración de prestixio, interese e popularidade innegables conquistados polos Xogos Olímpicos, que atraeron o comparecemento de 112 países, nun total de 5.516 atletas, sendo 781 mulleres.

Modalidades disputadas

[editar | editar a fonte]
Image
Estados participantes.
Vídeo do Estadio Olímpico Universitario.
Image
John Carlos e Tommie Smith facendo o saludo de black power reivindicando a non discriminacion racial.

Cadro de medallas

[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas Image
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Image Estados Unidos 452834107
2 Image URSS 29323091
3 Image Xapón 117725
4 Image Hungría 10101232
5 Image Alemaña do Leste 99725
6 Image Francia 73515
7 Image Checoslovaquia 72413
8 Image Alemaña do Oeste 5111026
9 Image Australia 57517
10 Image Reino Unido 55313

Imaxes icónicas

[editar | editar a fonte]

Identidade corporativa

[editar | editar a fonte]

O logotipo de México empregou unha tipografía que sería reutilizada no Mundial de fútbol e que se consolidou como asociada á cultura mexicana moderna. O facho olímpico estaba formado por outros máis pequenos que reproducían as letras do logotipo en tres dimensións.[2]

Black power

[editar | editar a fonte]

Unha das imaxes máis icónicas dos Xogos do 68 foi o saúdo de Black power feito polos atletas velocistas dos Estados Unidos contra a discriminación racial.

  1. ↑ Borden, Kara. "Mexico '68: An Analysis of the Tlatelolco Massacre and its Legacy" (PDF) (en inglés). Universidad de Oregón. p. 3.
  2. ↑ "BBC Brasil - Notícias - Guia interativo mostra a história das tochas olímpicas". www.bbc.com (en portugués). Consultado o 2024-08-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]