Begoña Caamaño
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de outubro de 1964 Vigo |
| Morte | 27 de outubro de 2014 Santiago de Compostela |
| Causa da morte | cancro de páncreas |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritora |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964[1] e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia.
Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade. A Real Academia Galega acordou dedicarlle en 2026 o Día das Letras Galegas.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no barrio do Calvario, mais a mediados dos anos 1970 mudouse coa súa familia a Coia.[4] Alí entrou en contacto co asociacionismo local, promovido por uns frades dominicos aliñados coa teoloxía da liberación.[4] Estudou EXB no Colexio Amor de Dios e o bacharelato no IES Coia 2, actual IES Alexandre Bóveda.[4] Durante esta etapa tamén participou de protestas e reivindicacións estudantís, como "Pases pro bus".[4]
Rematou estudos de Maxisterio.[4] Porén, acabou dedicándose ao xornalismo.[5] Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou n'A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza.
Dende 1989 traballou na Radio Galega, primeiro na delegación de Vigo onde, xunto con Rosa Martínez Rivada, bota a andar o Trecolas, primeiro programa da emisora pública galega que se realiza dende unha delegación. En 1992 incorporouse á redacción central da Radio, en Santiago de Compostela,[6] onde desenvolveu tarefas como redactora en distintos servizos informativos e no Diario Cultural. Posteriormente dirixiu e presentou os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite. Traballou nas seccións de cultura e sociedade dos servizos informativos da Radio Pública de Galicia.
Colaborou nas revistas feministas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente e formou parte do consello de redacción da revista antimilitarista Ar!
Activista
[editar | editar a fonte]Ademais do seu labor profesional, na Radio Galega desenvolveu tamén labores de carácter sindical, formando parte en diversas ocasións do Comité de Empresa da Radio e ocupando o cargo de presidenta do Comité Interempresas da CRTVG e as súas sociedades, no que destacou na denuncia da manipulación informativa en relación con sucesos de marcada relevancia para a sociedade galega, como foi o caso do afundimento do buque Prestige.
Deu pulo á Asociación de Mujeres Gallegas en la Comunicación (MUGACOM), e participou en Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) e na Marcha Mundial das Mulleres.[6]

Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Circe ou o pracer do azul (2009). Vigo: Galaxia. 320 páxs. ISBN 978-84-9865-232-1. Foi traducida ao castelán[7] e ao portugués.[8]
- Morgana en Esmelle (2012). Vigo: Galaxia. 220 páxs. ISBN 978-84-9865-412-7 Foi traducida ao castelán.[9]

Obras colectivas
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción do 2012, por Morgana en Esmelle.[11]
- Premio da AELG á mellor obra de narrativa do 2012, por Morgana en Esmelle.
- Premio da Crítica de narrativa galega do 2012, por Morgana en Esmelle.[11]
- Premio Losada Diéguez de creación literaria no 2013, por Morgana en Esmelle.[12][11]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A Deputación da Coruña convoca desde o ano 2017 o Premio Begoña Caamaño de proxectos culturais pola igualdade.[13]
En 2019 foi nomeada filla adoptiva de Santiago de Compostela, a título póstumo[14] e convocouse un encontro poético-artístico.[15]
En 2020, aos 6 anos da súa morte, o Observatorio da Mariña Pola Igualdade convocou en Xove unha xornada para reivindicar o seu legado.[16]
En xuño de 2025 foi unha das propostas para o Día das Letras Galegas 2026.[17] Finalmente, o día 20 dese mesmo mes, a Real Academia Galega anunciou, trala primeira sesión ordinaria do seu pleno logo da extraordinaria do Día das Letras Galegas do ano en curso —como mandan os seus estatutos—, que a escritora e xornalista viguesa sería a persoa homenaxeada no 2026. A súa proposta, defendida polas académicas Ana Romaní, Marilar Aleixandre, María López Sández, Margarita Ledo, Chus Pato e Francisco Fernández Rei, impúxose ás tamén valoradas de Antón Tovar, Miguel González Garcés e Enrique Labarta Pose. Caamaño converteuse así na décimo cuarta muller á que se lle dedica este día tras Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018), Xela Arias (2021), Luísa Villalta (2024) e Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar, representantes das cantareiras e da poesía popular oral (2025).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi parella[18] de Joxe Mari Etxaniz, independentista vasco, que estivera condenado por terrorismo.[19]
En 2011 detectóuselle un cancro de páncreas, doenza da que faleceu a finais de 2014.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Delgado, Santi (20 de xuño de 2025). "Begoña Caamaño será la protagonista del Día das Letras Galegas 2026". El Progreso (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
- ↑ Pardo, Miguel (20 de xuño de 2025). "As Letras honrarán a Begoña Caamaño, "narración e xornalismo desde a ollada feminista"". praza.gal. Consultado o 20 de xuño de 2025.
- ↑ Redacción (20 de xuño de 2025). "Begoña Caamaño, Día das Letras Galegas 2026". Nós Diario. Consultado o 20 de xuño de 2025.
- 1 2 3 4 5 "Biografía de Begoña Caamaño". Real Academia Galega. Consultado o 2026-04-03.
- ↑ "Bego Caamaño: a rabuda que sempre estará viva no Dezaseis". La Voz de Galicia. 2025-06-20. Consultado o 2025-06-20.
- 1 2 Iglesias, Uxía (24 de outubro de 2019). "Así era la activista Begoña Caamaño: mujer volcánica, escritora de los amores diversos". gcdiario.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2025.
- ↑ "Circe o el placer del azul". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ "Circe ou o prazer do azul". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ "Morgana en Esmelle". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2021-02-10.
- ↑ Autores: Alfredo Ferreiro, Begoña Caamaño, Dores Tembrás, Eduardo Estévez, Francisco Castro Veloso, Ledicia Costas, Marta Dacosta, Román Raña, Xosé María Álvarez Cáccamo e Yolanda Castaño.
- 1 2 3 V., C. (30 de abril de 2013 [actualizado o 2 de maio de 2013]). "Tres premios en dous meses para “Morgana en Esmelle”". Nós Diario. Consultado o 20 de xuño de 2025.
- ↑ Andaluz, Cándida (27 de abril de 2013). "Ramón Nicolás y Begoña Caamaño, ganadores del premio Antón Losada Diéguez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
- ↑ ""Implicadas no Desenvolvemento" e "Elas tamén pintan" gañan o Premio Begoña Caamaño da Deputación da Coruña". Deputación da Coruña. 10 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018.
- ↑ "O Concello de Santiago entrega os seus títulos, honras e condecoracións a título póstumo". santiagodecompostela.gal. Concello de Santiago. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-17.
- ↑ "A xornada realizarase o domingo 13 de outubro en Santiago de Compostela". culturagalega.org. CCG. 2019-10-02. Consultado o 2019-10-04.
- ↑ "Fálase de O Observatorio d...". Praza Pública. Consultado o 2020-10-13.
- ↑ "Antón Tovar, Begoña Caamaño, Enrique Labarta Pose e Miguel González Garcés, candidatos ao Día das Letras 2026". Nós Diario. 2025-06-12. Consultado o 2025-06-13.
- ↑ "Adeus a Jose Mari Etxaniz, basco-galego, bom e generoso". Galiza Livre (en portugués). 2024-07-23. Consultado o 2025-07-29.
- ↑ "El preso más antiguo de ETA sale en libertad tras 21 años". El País (en castelán). 2001-06-18. ISSN 1134-6582. Archived from the original on 18 de agosto de 2019. Consultado o 2025-07-29.
- ↑ Redacción (27 de outubro de 2014). "Muere la periodista Begoña Caamaño". infoperiodistas.info (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballeira, Paula (2026). O transgredir das ondas. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-559-6.
- González Álvarez, Estefanía (2025). Begoña Caamaño. Xornalista e escritora. Vigo: Ir Indo. ISBN 9788476807989.
- Lopes, Charo; Rozados, Lara; Lourido, Isaac (2026). Begonha Caamanho, uma das nossas. Santiago: Através Editora. ISBN 978-84-10491-12-0.
- Maceda, Beatriz (2026). Begoña ou o pracer da amizade. Unha biografía de Begoña Caamaño. Merlín. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-765-5.
- Mejuto, Eva; Díaz, Nuria (ilustracións) (2026). Os fíos de Begoña. Pequena biografía de Begoña Caamaño. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-758-7.
- Nicolás, Ramón (2026). A nena que perdeu un zapato na lama. Begoña Caamaño no Calvario vigués (1964-1976). Vigo: Galaxia. ISBN 9788411765473.
- Nogueira, M.ª Xesús; Romaní, Ana (2026). Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-589-3.
- Nogueira, M.ª Xesús, ed. (2026). Begoña Caamaño: Mudar o mundo. Día das Letras Galegas 2026. Santiago: Servizo de Publicacións e intercambio científico da USC. ISBN 979-13-88118-25-8.
- Otero, Encarna (2026). A Compostela de Begoña Caamaño. El Patito Editorial. ISBN 979-13-990778-2-7.
- Polo Correo do Vento; Solla, Tania (ilustracións) (2026). Begoña Caamaño. Pequena biografía. Colección Mulleres galegas. Lela Edicións. ISBN 9788412623543.
- Porterio, María Xosé (2026). Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-594-7.
- Varela, Xosé Manuel; Varela, Icía; Gómez, Nerea (ilustra.) (2026). Begoña Caamaño. Ferrol: Edicións Embora. ISBN 978-84-19853-33-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Álvarez González, Amanda (2016). "Begoña Caamaño". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.