Río Éufrates
| (tr) Fırat (ar) الفرات | |||||
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| Continente | Asia | ||||
| País da cunca | Turquía, Siria e Iraq | ||||
| Final | |||||
| División administrativa | Baçorá, Iraq (pt) | ||||
| Localización | Chatt al-Arab (pt) | ||||
| |||||
| Afluentes | 20 | ||||
| Conca hidrográfica | Persian Gulf Basin (en) | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 2.800 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 673.000 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 818 m³/s | ||||

O río Éufrates (nome grego tradicional, en Aramaico Frot/Frat, Persa antigo Ufrat, en árabe الفرات, e en turco Fırat) é un dos ríos que forma a Mesopotamia xuntamente co Río Tigris, onde hoxe se atopa o actual Iraq.
O río formase pola unión de dous afluentes: o Kara (Éufrates Occidental), que nace nas montañas orientais da Turquía ao norte de Ercerun e mailo Murat (Éufrates Oriental), que se orixina no lago Van. O río ten aproximadamente 2.780 km de extensión e a súa porción superior escoa por entre canóns e gargantas para o suroeste a través da Siria e despois do Iraq. Os ríos Khabur e Balikh, que se orixinan tamén na Turquía, xúntanse ao río Éufrates na porción oriental da Siria. Despois diso, ao longo de todo o seu curso, o río Éufratres non recibe máis contribucións doutros corpos de auga. Abaixo de Basra no Sur do Iraq o río únese ao río Tigris para formaren o río Shatt al-Arab, que vai desaugar no Golfo Pérsico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Éufrates |
