Saltar ao contido

Barrios de Tokyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Image
Mapa da porción principal de Tokyo mostrando cidades veciñas e a baía de Tokyo.

Os 23 barrios especiais (特別区 tokubetsuku) constitúen a subdivisión administrativa de Tokyo, no Xapón. Varían moito en tamaño (de 10 a 60 km²) e en poboación (de 40 000 a 830 000 habitantes). Setagaya é o máis populoso; e Ōta, é o que ten a maior extensión.

Existen barrios (区 ku) noutras cidades do Xapón, mais os de Tokyo son especiais. Dende a década de 1970 os barrios de Tokyo teñen unha autonomía maior da que teñen outros barrios, tornándose algo máis semellante a unha cidade independente que distritos dunha cidade. Cada barrio especial conta co seu propio "alcalde" (区長 kuchō) e "asemblea" (区議会 kugikai).

A poboación total dos 23 barrios é de 8,28 millóns (2002), preto de 2/3 da poboación de Tokyo e un cuarto da poboación da Área do Gran Tokyo. A súa densidade de poboación é de 13 333 hab./km².

Na zona dos barrios de Tokyo ata 1943 só existía a cidade de Tokyo. Neste ano a cidade de Tokyo e a prefectura de Tokyo (naquel momento chamábase Tōkyo-fu) uníronse e foi fundada a nova prefectura de Tokyo (chámase Tōkyo-to). E na zona antiga da cidade de Tokyuio fixéronse 35 barrios.

Lista dos barrios

[editar | editar a fonte]
NomeKanjiPoboaciónDensidade pob.
(por km²)
Área
(km²)
Adachi-ku足立区621 84811 688,8753,2
Arakawa-ku荒川区186 27518 262,2510,2
Bunkyō-ku文京区181 06516 009,2811,31
Chiyoda-ku千代田区37 9883 263,5711,64
Chūō-ku中央区81 9968 078,4210,15
Edogawa-ku江戸川区637 57112 787,2249,86
Itabashi-ku板橋区525 96916 349,6732,17
Katsushika-ku葛飾区426 40312 238,8934,84
Kita-ku北区327 08615 885,6720,59
Kōtō-ku江東区398 80510 111,6939,44
Meguro-ku目黒区255 83317 403,6114,7
Minato-ku港区167 0988 215,2420,34
Nakano-ku中野区313 32520 097,8215,59
Nerima-ku練馬区674 82614 012,1748,16
Ōta-ku大田区661 15711 119,3659,46
Setagaya-ku世田谷区829 62414 284,1658,08
Shibuya-ku渋谷区201 52413 337,1315,11
Shinagawa-ku品川区332 53614 636,2722,72
Shinjuku-ku新宿区297 13516 299,2318,23
Suginami-ku杉並区530 30715 588,1034,02
Sumida-ku墨田区221 09316 079,4913,75
Toshima-ku豊島区252 76419 428,4413,01
Taitō-ku台東区162 68516 139,3810,08