A lingua náhuatl (que deriva de nāwatl; ), nāwa, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos.
O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana. Durante os séculos anteriores á conquista española e tlaxcalteca do Imperio Azteca, os aztecas expandíronse ata incorporar gran parte do centro de México. A súa influencia fixo que a variedade de náhuatl falada polos residentes de Tenochtitlán se convertese na lingua de prestixio en Mesoamérica.
Juan Rafael Martínez Buján, nado en Santiago de Compostela o 15 de setembro de 1897 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1993, foi un pintor galego, ilustrador, escenógrafo, mestre nacional e profesor de debuxo. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e foi discípulo de Mariano Tito Vázquez, especializándose no retrato e na pintura costumista. Comezou a expoñer a súa obra en 1915 e participou en diversos certames artísticos en Galicia e Arxentina. En 1922 obtivo o título de mestre nacional e desenvolveu unha carreira docente sen abandonar a actividade artística. A súa obra caracterizouse pola representación de paisaxes, costumes e tipos populares galegos. Durante a Guerra civil española exiliouse en Cuba, mentres a súa familia permaneceu en Galicia. Na Habana traballou como pintor, escenógrafo e profesor de debuxo no Centro Gallego de La Habana. Tamén participou en actividades políticas de carácter republicano e antifranquista. Despois de 1962 trasladouse a Miami, onde continuou a súa actividade artística e abriu unha galería de arte. A principios dos anos 70 regresou a España.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 176410 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 425 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.