Saltar ao contido

María José Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría José Alonso
Image
(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Carrizo de la Ribera Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - farmacia (1985–)
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacóloga, profesora universitaria, investigadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, profesor catedrático (1998–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webusc.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX827726 BUSC: 981013404646607712 Dialnet: 752942

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959,[1] é unha farmacéutica, catedrática e académica galega[2] especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutoramento con premio extraordinario.[1] Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón e, desde 1998, como catedrática.

Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de liberación de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).

Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[3]

O seu laboratorio na Facultade de Farmacia da USC foi pioneiro en numerosos descubrimentos no campo da nanofarmacéutica e da nanomedicina. É autora de máis de 260 contribucións científicas, con máis de 14 900 citas, e a inventora de 20 patentes.[4]

Actividades realizadas

[editar | editar a fonte]

Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[5] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitada en trinta congresos internacionais.

Foi membro do comité científico e organizadora de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional. É fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.

É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society (1995-1998) e, desde 2018, presidenta da institución,[4][6] membro do Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.

É tamén membro do American Institute for Medical and Biological Engineering (Instituto Estadounidense de Enxeñaría Médica e Biolóxica), e da US National Academy of Medicine (Academia Nacional de Medicina dos Estados Unidos).[4]

Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais:

  • Pharmaceutical Research,
  • Journal of Controlled Release,
  • International Journal of Pharmaceutics,
  • European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics,
  • European Journal of Pharmaceutical Sciences,
  • Drug Development and Industrial Pharmacy,
  • Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.

M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[7] [8] O ránking do índice h, o indicador máis relevante do impacto das publicacións científicas dentro dunha área específica, outórgalle un índice-h 71[2], a posición máis alta entre todas as investigadoras que figuran na lista en calquera dos ámbitos científicos indexados. Dende o ano pasado, Alonsofigura como a científica máis influente no eido das Ciencias da Saúde, posto no que se mantén neste 2019.[2]

A profesora Alonso é membro da

  1. 1 2 Alonso Fernández, María, en Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editoral Compostela, S.A., 2002, ISBN 84-8064-113-2.
  2. 1 2 3 "GCiencia. Xornalismo+Divulgación". María José Alonso, a científica máis influente de España. Consultado o 07/04/2019.
  3. 1 2 Curriculum Vitae de M. J. Alonso Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine..
  4. 1 2 3 4 Páxina web da CRS Arquivado 27 de xullo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
  5. ↑ Lista de publicacións (1982-2014) Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. na páxina web de M. J. Alonso na USC.
  6. ↑ «Potenciamos empresas para que los investigadores no tengan que emigrar» Entrevista con M. J. Alonso. La Voz de Galicia, 5-8-2018.
  7. 1 2 María José Alonso: «Galicia sí pinta algo en ciencia». La Voz de Galicia, 8-6-2011.
  8. 1 2 María José Alonso logra el premio Novoa Santos de los médicos gallegos La Voz de Galicia, 12-10-2011.
  9. ↑ "María José Alonso Fernández. Medalla nº17" (PDF). Academia de Farmacia de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
  10. ↑ Mañán ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Da. Mª. José Alonso Fernández Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine.[sic] Real Academia Galega de Ciencias.
  11. ↑ María José Alonso ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine..
  12. ↑ María José Alonso ingresa en la Academia Nacional de Farmacia Arquivado 20 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 18-6-2010.
  13. ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
  14. ↑ La Reina Sofía entrega a María José Alonso el premio Jaime I de investigación La Voz de Galicia. Ed. Santiago, 18-10-2011.
  15. ↑ María José Alonso galardonada con el Premio María Josefa Wonenburger Planells Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. Páxina web do CESGA.
  16. ↑ María José Alonso gana el premio Marie Janot (sic) La Voz de Galicia, 3-4-2014.
  17. ↑ Medallas Castelao 2018 Arquivado 05 de agosto de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 5-8-2018.
  18. ↑ "El Ministerio de Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación 2021". Ministerio de ciencia e innovación.
  19. ↑ "La científica gallega María José Alonso, nombrada Honoris Causa de la Universidad de Nottingham". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-07-29. Consultado o 2022-07-30.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]