Foi vista por primeira vez durante a misión da Cassini-Huygens polo Equipo de imaxes da Cassini[1][2] no ano 2004, e recibiu a designación temporal de S/2004 S 2. En realidade foi vista por primeira vez o 23 de agosto de 1981 pola Voyager 2 nun única fotografía e recibiu a designación provisional de S/1981 S 14 e a súa distancia respecto de Saturno foi estimada en 200.000km.[3] Dende entón non fóra vista en máis imaxes e a súa órbita non puido ser calculada pero recentes comparacións deron coma resultado que aquel corpo non identificado é en realidade Pallene.[4] Pallene tamén é coñecida coma Saturno XXXIII.
Pallene está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Encelado, aínda que o efecto non é tan notorio coma os efectos de Mimas sobre Methone. Isto causa unha perturbación orbital no semi-eixo maior duns 4 kms de variación respecto da lonxitude do citado semi-eixo, se este non estivese perturbado, e ademais 0,02° na lonxitude (que corresponden aproximadamente a 75 kms). A excentricidade e inclinación tamén varían pero en diferentes escalas de tempo, varía entre 0,002 e 0,006 para a excentricidade e entre 0,178° e 0,184° para a inclinación.[4] A proximidade ás órbitas de Methone e Anthe suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.
Os nomes de Methone e Pallene foron provisionalmente aprobados pola 3ª División do Grupo de Traballo para o Sistema de Nomenclatura Planetaria da UAI no ano 2005[5] e foron ratificados pola Asemblea Xeral de UAI no ano 2006. Pallene era unha das sete fillas do xigante Alcioneo.
O Anel de Pallene, é un feble anel de po, descuberto tamén polo Equipo de Imaxes da Cassini,[6] o cal comparte a órbita de Pallene, coma así revelan a imaxes tomadas pola Cassini da luz dispersa deste anel no 2006.[7] O anel ten unha extensión radial duns 2.500km. A fonte do son as partículas arrincadas de Pallene polo impacto de micrometeoritos, o cal forma un anel moi difuso ó redor e o longo da ruta da órbita de Pallene.[8][9]
↑Nos anuncios de prensa mencionábase á primeira persoa que avistara a lúa nas imaxes da Cassini. Aínda que algunhas fontes sinalaban ó descubridor, isto volveríase trivial ó longo dos seguintes meses xa que o descubrimento era froito dun traballo de equipo, con decenas de persoas implicadas e centos de horas de traballo colaborativo, nunha decisión consciente e a tenor dos datos, bastante correcta, a UAI outorgoulle a oficialidade do descubrimento ó "Equipo de Imaxes da Cassini".