S/2004 S 3 é a designación provisional dun obxecto aínda sen confirmar que foi visto orbitando Saturno dentro da parte externa do anel F o 21 de xuño do 2004. Foi descuberto polo Equipo de Imaxes da Cassini a partir de imaxes tomadas pola sonda Cassini o 21 de xuño do 2004[1] e descubrimento foi anunciado o 9 de setembro do 2004.[2]
A pesar das tentativas por 'recuperalo', non se puido volvelo ver. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 cunha resolución de 4kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto. Isto suxire que puido ser unha compactación temporal de material que xa se disipara cando se fixo a secuencia de recuperación.[3]
Outro obxecto, S/2004 S 4 sería detectado 5 horas despois, xusto na parte máis interior do anel F. Recibiría este obxecto unha designación nova, pero suxírese a posibilidade de que S3 e S4 son ou foron un único obxecto que cruzaría o anel F.[2] Este obxecto tamén podería estar orbitando cunha inclinación lixeiramente diferente respecto do anel F, co cal non atravesaría o anel de material, a pesar de que foi visto tanto no interior coma no exterior deste anel.
Despois de todo, se S/2004 S 3 é un obxecto sólido, podería ter un diámetro (baseándose no seu brillo) de 3−5kms, tamén podería ser unha lúa pastor da parte exterior do anel F.