Saltar ao contido

Tarifa

Tarifa
 Nome oficial
   Image Tarifa (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Acontecementos importantes
1811Siege of Tarifa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
15.764 (2001) rexistro civil
16.058 (2002) rexistro civil
16.392 (2003) rexistro civil
16.743 (2004) rexistro civil
17.199 (2005) rexistro civil
17.478 (2006) rexistro civil
17.619 (2007) rexistro civil
17.736 (2008) rexistro civil
17.793 (2009) rexistro civil
17.768 (2010) rexistro civil
17.856 (2011) rexistro civil
17.962 (2012) rexistro civil
18.085 (2013) rexistro civil
17.908 (2014) rexistro civil
18.011 (2015) rexistro civil
18.116 (2016) rexistro civil
18.088 (2017) rexistro civil
18.169 (2018) rexistro civil
18.162 (2019) rexistro civil
18.183 (2020) rexistro civil
18.466 (2021) rexistro civil
18.564 (2022) rexistro civil
18.621 (2023) rexistro civil
18.664 (2024) rexistro civil
18.613 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   9.010 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   9.152 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   419,67 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   7 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal11380 Editar o valor en Wikidata
Código INE11035 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap346648 Editar o valor en Wikidata
VIAF133691621 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01szp6 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX454487
Wikidata G:Commons C:Commons

Tarifa é un municipio situado no extremo meridional da provincia de Cádiz, ocupando a parte occidental da comarca do Campo de Xibraltar.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Dentro do seu termo municipal atópase o punto máis meridional da Península Ibérica, a Punta de Tarifa ou Marroquí, accidente xeográfico que se sitúa na Illa de Las Palomas, unida hoxe á propia cidade por medio dunha estrada-rúa, que serve de acceso ao faro que nela se sitúa.

O cabo ou Punta de Tarifa serve ademais de divisoria ás augas do mar Mediterráneo e do océano Atlántico, que se cruzan xusto enfronte da propia cidade, que polo tanto está situada na parte máis angosta da canle ou Estreito de Xibraltar, a unha distancia máxima de 14 quilómetros das costas marroquís, o que a converte na cidade europea máis próxima ao continente africano.

Tarifa posúe un termo municipal cuxa extensión é de 414,56 km², o que lle converte no máis extenso da comarca campoxibraltareña, achegando un 27,4% do marco territorial da mesma.

Tarifa linda ao leste cos termos municipais de Alxeciras e Los Barrios, ao norte con Medina-Sidonia, e ao noroeste con Vejer de la Frontera e Barbate. Os límites oeste, sur e sueste non son político-administrativos senón físicos, así ao oeste limita co océano Atlántico e ao sur e sueste co mar Mediterráneo.

En Tarifa atópase máis de medio centenar de covas e abrigos con arte rupestre, pertencentes ao conxunto coñecido localmente como arte sureña. De todos estes xacementos destaca a Cueva del Moro con gravados de cabalos dunha antigüidade de 20.000 anos.

Contaba en 2007 con 17.736 habitantes.